"Norfolk" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
ILLAS
Illa volcánica que está situada ao S do Pacífico, ao NL de Sydney (36,26 km2; 2.181 h [1996]). Desde 1914 depende directamente de Australia. A súa capital é Kingston. A súa economía baséase na agricultura, a pesca e, sobre todo, no turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Virginia, EE UU, que está situada na desembocadura do río Elizabeth (234.403 h [2000]). Está unida á cidade de Portsmouth. É un importante porto comercial, especializado na exportación de hulla, e posúe refinarías, industrias químicas e do automóbil.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (5.372 km2; 804.000 h [estim 2000]). A súa capital é Norwich.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título ostentado por diversos membros da nobreza inglesa. Foi outorgado por vez primeira en 1397 a Thomas Mowbray (? 1366?-Venecia 1399), conde de Nottingham desde 1383. Formou parte do grupo de nobres que de 1387 a 1389 forzaron a Ricardo II de Inglaterra a someterse á súa vontade. Esta dinastía ducal extinguiuse coa morte do cuarto duque, John (1444-1476). Ricardo III de Inglaterra restableceu o ducado en 1483, concedido a Thomas Howard (? 1430?-Bosworth 1485) e continuado pola súa familia. O título ducal ía acompañado, ademais, da dignidade de gran mariscal do reino.
VER O DETALLE DO TERMO