Norfolk
Norfolk
Cidade do estado de Virginia, EE UU, que está situada na desembocadura do río Elizabeth (234.403 h [2000]). Está unida á cidade de Portsmouth. É un importante porto comercial, especializado na exportación de hulla, e posúe refinarías, industrias químicas e do automóbil.