"Nova Guinea" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
ILLAS
Illa de Melanesia, situada no Océano Pacífico, ao N de Australia, e separada desta polo estreito de Torres (827.321 km2; 4 746 267 h [1990]). Repártese entre Indonesia e Papua Nova Guinea, estado independente desde 1975. Atravésaa un eixe montañoso formado pola gran cordilleira central, de 2.000 km de lonxitude e con grandes altitudes, que ao SL forma unha estreita península. Ao N da cordilleira ábrese unha ampla depresión que comprende a chaira dos vales e os lagos do Sepik, o Ramu e o Markham. Ao S da cordilleira central esténdese unha inmensa chaira aluvial, percorrida polos ríos Fly, Strickland e Kikori. Ten un clima ecuatorial, moi caloroso nas chairas. O bosque tropical húmido cobre a maior parte da chaira e as montañas, ata os 1.200 m. A máis altitude o bosque tropical húmido dá paso ao bosque de coníferas e prados. A maioría da poboación é melanesia: pigmeos nas montañas do interior, dedicados á caza e á recolección, e papús na costa, que practican unha agricultura de...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Melanesia, que abrangue a parte oriental da illa de Nova Guinea e unhas 600 illas máis pequenas, entre as que destaca o arquipélago de Bismarck e as illas de Buka e Bougainville, que forman parte das illas Salomón (462.840 km2; 5.321.000 h [estim 2001]). A súa capital é Port Moresby.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Todas as terras son montañosas, con numerosos volcáns activos. A máxima altitude está en Nova Guinea, no monte Wilhelm, con 4.509 m. O clima é cálido e húmido todo o ano e os ríos son curtos e caudalosos. É un país eminentemente subdesenvolvido, pois máis das tres cuartas partes da poboación vive da agricultura de subsistencia. Os cultivos principais son os tubérculos e as raíces, as bananas e as froitas tropicais, e os cultivos de exportación, como o coco, o café, o cacao, o caucho, o aceite de palma e a cana de azucre. A gandaría é de curral e ten vacas leiteiras. O bosque ocupa o 84,4% do territorio. A pesca é un recurso importante, pero...