"Nunes" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Trobador. Participou na conquista de Jaén (1246) e narrou os feitos na súa única composición “Un infançon mi á convidado”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo portugués. Realizou estudos eclesiásicos e foi ordenado sacerdote. Desde 1889 exerceu como capelán militar e tivo como destino Lagos, Santarém e Beja. Paralelamente, comezou a desempeñar a súa carreira docente. En 1910 abandonou o sacerdocio e pasou a dedicarse definitivamente á docencia. Participou nas deliberacións da Comisión para a Reforma Ortográfica, da que foi secretario. En 1913 foi nomeado socio correspondente da Academia de Ciências de Lisboa e, ao ano seguinte, profesor extraordinario de filoloxía clásica da facultade de Letras de Lisboa -en 1929 ocupou o cargo de director-. Foi un dos impulsores da filoloxía portuguesa; destacan, sobre todo, as investigacións dialectolóxicas, os estudos de gramática histórica e as edicións de textos medievais. Da súa produción destacan Chrestomatia archaica (1906), Compêndio de gramática histórica portuguesa (1919), Cantigas d amigo dos trovadores galego-portugueses (1926-1928), Evolução da língua portuguesa (1926),   Digressões lexicológicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico portugués. Exerceu o seu traballo en España, e dirixiu unha obra moi persoal e chea de ideas utópicas. Guionista de Sitiados en la ciudad (1957) e Vivir al sol (1975), dirixiu e elaborou o guión de Mañana (1957), Biotaxia (1968), Iconockaut (1976) e Secret, Amor (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático portugués. Coñecido tamén co nome latinizado de Petrus Nonius, inventou a dobre regra graduada, capaz de apreciar fraccións de lonxitude inferior a medio milímetro (nonius). Cosmógrafo real e profesor en Coimbra, indicou que a distancia mínima entre dous puntos da superficie terrestre é dada polo arco de círculo máximo.

    VER O DETALLE DO TERMO