"O’Neill" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Avogada e política. Licenciada en Arte Dramática polo Institut del Teatre de Barcelona (1959) e en Dereito (1960) e Periodismo (1961) pola Universitat de Barcelona, doutorouse en Filosofía pola Universidad Autónoma de Madrid (1991). Militante do PSUC, en 1976 creou o Colectivo Feminista de Barcelona, a revista Vindicación Feminista e a editorial Ediciones del Feminismo. Fundou a Organización Feminista Revolucionaria (1977), promotora da constitución do Partido Feminista de España, e a Confederación de Organizaciones Feministas (1996), cun proxecto europeo. Directora da revista Poder y Libertad (1979), é autora da novela Camino sin retorno (1992), e de numerosas obras de temática social e feminina, como Los que siempre ganan (1970), En el infierno. Ser mujer en las cárceles españolas (1977), Parid, parid, malditas (1986), Tres idiotas españolas (1987), Mujer y poder político (1992), Trabajadores del mundo, rendíos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia real irlandesa, que descende de Niall dos Nove Reféns (?-405), un dos primeiros reis irlandeses, e que se dividiu en diversas ramas. A máis importante reinou no Ulster e, aínda que foron vasalos dos reis de Inglaterra, os seus príncipes foron independentes de feito ata o s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi seguidor do surrealismo e caracterizouse polo uso dos xogos de palabras e polos continuos xiros lingüísticos. Da súa obra destacan Tempo de fantasmas (1951), No reino de Dinamarca (1958), Feira cabisbaixa (1965), Uma coisa em forma de assim (1980) e a recompilación Poesias completas 1951-1983 (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. A súa achega ao teatro contemporáneo é comparable á de G. Eliot e J. Joyce en poesía e novela. De vida turbulenta, feito que se reflectiu na súa obra, foi decisivo para a súa carreira que o grupo de teatro Princetown Players estreara a súa obra Bound East for Cardiff (1916). Nos seus textos realiza un estudo naturalista das frustracións que determina o ambiente provinciano e reflicte a inspiración do expresionismo simbolista, todo isto adornado dunha prosa semipoética de enorme calidade. Na década de 1920 escribiu unha parte importante da súa produción, da que destacan as galardoadas co premio Pulitzer Beyond the Horizon (1920), Anna Christie (1922) e Strange Interlude (1928). O seu teatro posúe unha grande influencia de Strindberg e unha aplicación da psicoloxía para analizar os mitos clásicos e bíblicos. Foi un autor prolífico e escribiu sobre as conflitivas relacións familiares e o conflito entre idealismo e materialismo. Das súas obras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota irlandés, segundo conde de Tyrone e sobriño de Shane O’Neill. Loitou contra os ingleses pola liberdade do Ulster e conseguiu facer que Irlanda enteira se sublevase (1598-1599). Os ingleses, reformados, vencérono e en 1603 claudicou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Último rei de Tyrone (1559-1567). Recoñecido por Isabel I de Inglaterra en 1562, tratou de estender os seus dominios ata o Ulster a costa dos Macdonell e dos O’Donell, pero estes últimos subleváronse e derrotárono.

    VER O DETALLE DO TERMO