O’Neill, Eugene Gladstone

O’Neill, Eugene Gladstone

Dramaturgo. A súa achega ao teatro contemporáneo é comparable á de G. Eliot e J. Joyce en poesía e novela. De vida turbulenta, feito que se reflectiu na súa obra, foi decisivo para a súa carreira que o grupo de teatro Princetown Players estreara a súa obra Bound East for Cardiff (1916). Nos seus textos realiza un estudo naturalista das frustracións que determina o ambiente provinciano e reflicte a inspiración do expresionismo simbolista, todo isto adornado dunha prosa semipoética de enorme calidade. Na década de 1920 escribiu unha parte importante da súa produción, da que destacan as galardoadas co premio Pulitzer Beyond the Horizon (1920), Anna Christie (1922) e Strange Interlude (1928). O seu teatro posúe unha grande influencia de Strindberg e unha aplicación da psicoloxía para analizar os mitos clásicos e bíblicos. Foi un autor prolífico e escribiu sobre as conflitivas relacións familiares e o conflito entre idealismo e materialismo. Das súas obras máis coñecidas destacan Desire Under the Elms (1925), Ah! Wilderness (1933), The Iceman Cometh (1946) e a póstuma Long Day’s Journey into Night (1956, premio Pulitzer). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1936).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nova York

  • Deceso

    Lugar : Boston, Massachusetts