"OLP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 92.
-
PERSOEIRO
Compositor de música escénica. Foi profesor no conservatorio de París. Compuxo 39 óperas, entre as que cómpre mencionar Le postillon de Longjumeau (O condutor de Longjumeau, 1836) ou Si j’étais roi (Se eu fose rei, 1852), e o ballet Giselle (1841).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista suízo. Foi un dos naturalistas máis influentes do s XIX, formado na vella escola (estudiara en París xunto con Cuvier) de anatomistas comparativos. Os seus extensos e meticulosos estudios sobre os peixes fósiles fixaron na práctica esa materia científica; así mesmo, a súa obra sobre as glaciacións europeas proporcionou o fundamento de toda a investigación futura do glaciarismo. En Harvard fundou o Museum of Comparative Zoology (1859). Malia os seus moitos estudios de animais fósiles e dos antigos cambios climáticos, Agassiz era un firme antievolucionista que se negou a recoñecer os avances derivados da teoría darwinista e, apoiándose na súa reputación de máximo naturalista de Norteamérica, ridiculizou os defensores desa teoría en América (Gray, etc). Como persoa crente nos planos divinos e nas formas ideais, non vía continuidade no rexistro fósil que el mesmo axudara a coñecer e sistematizar; afirmaba que as especies novas eran o resultado de creacións distintas e sucesivas....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena e escenógrafo suízo. Exerceu unha grande influencia na ruptura co Naturalismo, na desaparición progresiva dos panos pintados e no desenvolvemento da investigación do deseño do espazo escénico e das interaccións entre este, a música, a luz e o corpo dos intérpretes. Tentou con escenografías case que abstractas, conciliar espazo e tempo mediante recursos de movemento e ritmo, de luz e cor. Colaborador de Emile Dalcroze, un dos máis firmes promotores da Expresión Rítmica e Corporal (Euritmia), tamén compartiu inquietudes con Gordon Graig e Jacques Coupeau verbo da necesidade da reforma teatral. Escenificou o seu admirado Wagner. Tamén escribiu libros teóricos como L’oeuvre d’art vivant (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán autor dunha descrición clásica do bocio exoftálmico (1840) ou enfermidade de Basedow, caracterizada por un trastorno endocrino debido a un excesivo funcionamento da glándula tiroidea, o hipertiroidismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, antropólogo e demógrafo. Foi un dos fundadores da escola de Antropoloxía de París e da Société d´Anthropologie. Escribiu Démographie figurée de la France (Demografía figurada de Francia, 1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista librecambista. Foi profesor de Historia Económica en París. Entre as súas obras destaca Histoire de l’économie politique en Europe depuis les anciens jusqu’à nos jours (Historia da economía política en Europa desde a Antigüidade ata os nosos días, 1837-1845), primeiro intento sistemático de elaborar unha historia da economía política. Foi o primeiro director do Journal des economistes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo ruso. Do 1909 ao 1914 foi primeiro bailarín dos Ballets Rusos de Diaghilev. En 1916 instalouse nos EE UU e montou ballets para a ópera de Chicago, a ópera de San Francisco e o teatro Colón de Bos Aires. Creou a coreografía de diversos filmes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor academicista francés. Obtivo en 1850 o Premio de Roma e pasou catro anos en Italia. Foi entusiasta de Rafael e contrario ás tendencias modernas. Foi un gran retratista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador francés, admirador de Rembrandt. Realizou, especialmente, augafortes e litografías, onde reflectiu o seu gusto pola fantasía cunha temática de escenas bíblicas e de paisaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e paleontólogo, fillo de Alexandre Brongniart. Co seu Prodrome d’une histoire des végétaux fossiles (Pródromo dunha historia dos vexetais fósiles, 1828) puxo as bases para a paleobotánica. Foi profesor de botánica e fisioloxía vexetal no Museum de París (1834), membro da Academie de Sciences de París (1834) e fundador e primeiro presidente da Sociedade Botánica de Francia (1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico. Elixido deputado conservador en 1874, representou a sección progresista do seu partido. Formou o grupo fourth party (cuarto partido), unha pequena asociación de independentes do partido conservador e do partido liberal. En 1886 presidiu a Cámara dos Comúns e ocupou o cargo de ministro de Facenda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na creación de palabras co significado de ‘vaxina, cavidade, baía’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao gran de pole que presenta colpos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación aguda ou crónica da vaxina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suco dun gran de pole polo que emerxe o tubo polínico, grazas á finura da exina nese punto. En moitos casos tamén actúa como mecanismo regulador do volume da exina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: colp(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protrusión da vaxina cara a fóra que se exterioriza conxuntamente coa vexiga urinaria e o recto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica plástica que se efectúa sobre a vaxina e a vexiga urinaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do número e das características das células de escamadura fisiolóxica da vaxina. Emprégase para a investigación das fases do ciclo ovárico e os seus trastornos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica, realizada por vía vaxinal, para corrixir unha inversión uterina.