Appia, Adolphe
Appia, Adolphe
Director de escena e escenógrafo suízo. Exerceu unha grande influencia na ruptura co Naturalismo, na desaparición progresiva dos panos pintados e no desenvolvemento da investigación do deseño do espazo escénico e das interaccións entre este, a música, a luz e o corpo dos intérpretes. Tentou con escenografías case que abstractas, conciliar espazo e tempo mediante recursos de movemento e ritmo, de luz e cor. Colaborador de Emile Dalcroze, un dos máis firmes promotores da Expresión Rítmica e Corporal (Euritmia), tamén compartiu inquietudes con Gordon Graig e Jacques Coupeau verbo da necesidade da reforma teatral. Escenificou o seu admirado Wagner. Tamén escribiu libros teóricos como L’oeuvre d’art vivant (1921).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xenebra -
Deceso