"Olimpio" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • GALICIA

    Mestre, escritor e director do museo estradense Manuel Reimóndez Portela. Escribiu as pezas teatrais Os reis de Panchito (1973), Pedriño (1992), O entroido no Ulla (1995), Waldo Álvarez Ínsua (1997), Canteiros de Cuntis (1998) e Emigrantes sobranceiros (1998), entre outros títulos. Recibiu diversos premios de teatro escolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada no ano 1847 por Manuel Pérez Sáenz en Santiago de Compostela. Trala morte do seu fundador modificou en varias ocasións a súa denominación: Casa de Banca de Hijos de Pérez Sáenz (1885-1901), Olimpio Pérez (1902-1909), Olimpio Pérez e Hijos (1910-1915) e Hijos de Olimpio Pérez (1916-1957). No ano 1957, ao converterse en sociedade anónima, cambiou o seu nome polo de Banco de Hijos de Olimpio Pérez. No ano 1964 absorbeu o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid, adoptando o nome desa entidade catalana. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor de debuxo. Foi fundador do primeiro Museo Etnográfico Olimpio Liste de Oseira, e presidente da Fundación Liste de Vigo. Membro da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra, da Comisión Asesora de Antropoloxía do Museo de Pontevedra e do Consello Galego de Museos, recibiu o premio Teucro de prata de Pontevedra (1978), o Premio Ciudad de Pontevedra (1980), a Pedra do Destino da Coruña (1994) e o Premio La Voz de cultura concedido por   La Voz de Galicia (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo etnográfico situado en Oseira (San Cristovo de Cea). Inaugurado en 1972 por Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo, está formado por obxectos recollidos desde 1965 por Olimpio Liste. Integrado no Consello Galego de Museos, divídese en castro seccións dedicadas ao traballo agrícola de Galicia, aos oficios, moitos deles descoñecidos, a obxectos de carácter singular e á exclaustración monacal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e escritor. De orixe hispánica, puido ser bispo de Barcelona. Santo Agostiño apreciaba a súa doutrina e os seus escritos, que se perderon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Bautizado coa súa dona Exuperia e o seu fillo Teódulo, os tres morreron mártires ao día seguinte na fogueira. A súa festividade celébrase o 26 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe en Olimpia, monte entre Macedonia e Tesalia en que estaba a residencia dos deuses, segundo a mitoloxía dos gregos. Olimpia é o topónimo que denomina a chaira da Élide en que se celebraban os xogos olímpicos cada catro anos. A súa festividade celébrase en Grecia o 11 de xullo e en occidente o 17 de decembro (a santa) e o 26 de xullo (o santo).

    VER O DETALLE DO TERMO