Olimpio/Olimpia
Olimpio/Olimpia
[ONOM]
Antropónimo que ten a súa orixe en Olimpia, monte entre Macedonia e Tesalia en que estaba a residencia dos deuses, segundo a mitoloxía dos gregos. Olimpia é o topónimo que denomina a chaira da Élide en que se celebraban os xogos olímpicos cada catro anos. A súa festividade celébrase en Grecia o 11 de xullo e en occidente o 17 de decembro (a santa) e o 26 de xullo (o santo).