"Oliver" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 26.
-
PERSOEIRO
Político inglés. Educado nun ambiente puritano, en 1628 foi elixido membro do Parlamento, que se disolveu ao ano seguinte. Trala súa restauración en 1640, foi membro da oposición á monarquía absoluta e á Igrexa episcopal. Durante a guerra civil, dirixiu un exército revolucionario, o New Model Army. Opúxose ao decreto de disolución do exército aprobado polo Parlamento e, despois do intento de fuxida do monarca (1647), depurou o Parlamento (1648) e conseguiu do resto dos parlamentarios que condenasen a morte de Carlos I (1649) e que proclamasen a República (Commowealth). Nomeado membro do consello de Estado e do consello de oficiais do exército, asumiu todo o poder. Promoveu a incorporación de Irlanda (1649-1650) e de Escocia (1650-1651), disolveu o Parlamento (1653) e estableceu o protectorado (1653) do que tomou o título de lord protector. Durante o seu goberno, estableceu a Acta de Navegación (1651) e derrotou as Provincias Unidas (1654); deste xeito asegurou a prosperidade da...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente anarco-sindicalista. En 1922 integrou, con B. Durruti e F. Ascaso, o grupo Los Solidarios de Barcelona. No Congreso Nacional da CNT en Zaragoza (maio de 1936) propuxo a creación dun exército revolucionario. En novembro de 1936 aceptou o cargo de ministro de Xustiza, no goberno de Largo Caballero. Desde 1939 viviu no exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, novelista e dramaturgo irlandés. A súa primeira obra dramática foi The Good Natured Man (1768), pero con She Stoops to Conquer (1773) foi coa que estableceu os ideais da obra cómica do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oliver Norvell Hardy.
-
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico estadounidense. Coñecido como Oliver Hardy, foi o popular “gordo” da parella cómica Laurel & Hardy, que formou xunto con Stan Laurel desde 1926. Co nome de Babe Hardy realizou filmes como Fat and Fickle (1916) e The Other Girl (1917). Entre a numerosa filmografía da parella destacan The Devil´s Brother (1933), Way out West (1936), Saps at Sea (1939) e The Bullfighters (1945)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e matemático inglés. Desenvolveu a teoría do cálculo vectorial e creou o calculo simbólico. Estudiou a teoría das ondas electromagnéticas, a telefonía e a telegrafía, e formulou a hipótese da capa de Heaviside.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico inglés. Perfeccionou o primeiro detector de ondas hertzianas, inventado polo francés Branly, feito que facilitou os descubrimentos de Marconi, polo que se lle considera un dos precursores da telegrafía sen fíos. Recibiu o título de sir en 1902.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. Foi autor de obras dun lirismo elegante, de bo gusto, como se reflicte en Les Amours (1553) ou Les Odes (1559).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi un dos fundadores da revista de vangarda Hèlix (1929) e de Destino. Coñeceu en París a Breton, e foi un dos introdutores do surrealismo na Península. Publicou Guía de Roma e itinerarios de Italia (1950) e Antología poética de Ausias March (1981). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oliveiros.
-
PERSOEIRO
Escritor. Recoñecido tradutor, en 1928 publicou o seu primeiro libro, Una tragèdia a Lil·liput, sátira da burguesía local. Coa Guerra Civil Española a súa obra fíxose máis realista, como en Cataclisme (1935), Oda a Barcelona (1936) e La fam (1938, Premio do Teatre Català de la Comèdia). Tamén é autor de Vacances pagades (1960, Premio Lletra d’Or 1961) e Quatre mil mots (1977). Recibiu o Premio Ausiàs Marc (1959), o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1970) e o Premio Ciutat de Barcelona polo conxunto da súa obra (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Membro da corrente renacentista maiorquina, colaborou en diversas publicacións de Palma de Mallorca, desde as que realizou propaganda autonomista. Autor de La cuestión regional (1899), onde se amosan os seus principios políticos, no apartado literario escribiu Ensayos críticos. La literatura en Mallorca (1840-1903). En Barcelona foi membro fundador do Institut d Estudis Catalans, director de La Vanguardia e presidente do Ateneu. Defensor do catalanismo político en Entre dos Españas (1906), das súas obras tamén destacan Vida y semblanza de Cervantes (1917) e La literatura del desastre (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso irlandés. Arcebispo de Armagh desde 1699 e primado de Irlanda. Defensor do catolicismo irlandés, o goberno inglés prendeuno e ordenou a súa execución. Paulo VI canonizouno en 1975. A súa festividade celébrase o 10 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Protagonista da novela de Charles Dickens The Adventures of Oliver Twist (1837-1838). A novela, aparecida inicialmente como folletín, describe con realismo os ambientes escuros dos barrios londinenses da época, e o personaxe aparece representado como un rapaz maltratado por este clima de pobreza e horror. Escrita en plena revolución industrial e coincidindo coa época da expansión dos xornais, dela fixéronse numerosas adaptacións cinematográficas e teatrais.
-
GALICIA
Escritor. Das súas obras destacan Los canes andan sueltos (1952), Días turbulentos (1955), coa que foi finalista do Premio Nadal; El androide y los feminismos (1979) e Las ánimas del curuto (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico de jazz estadounidense. Coñecido como King Oliver, debutou en 1900, e foi o mestre e o mentor de Louis Armstrong. Creou os grupos Magnolia Band, King Oliver’s Creole Jazz Band e a orquestra Dixie Syncopators. Foi un dos primeiros en introducir a improvisación nas interpretacións. Das súas gravacións coa Creole Jazz Band destacan os discos Aligator Hop (1923) e Snake Rag (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trompetista de jazz estadounidense. Coñecido como Sy Oliver, formou parte de bandas como a Cliff Barnett’s Club Royal Serenaders ou a Chocolate Beau Brummels. Adquiriu sona como adaptador de grandes orquestras e foi considerado un dos mellores da época do swing. Gravou os discos Annie Laura (1960) e Easy Walker (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oliveiros.
-
PERSOEIRO
Soprano italiana. Estudou en Milán e debutou en Turín en 1933. Especializouse no repertorio verista, e destacou pola súa depurada técnica e a gran sensibilidade das súas interpretacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e crítico teatral. Redactor de La Región (1933) e da revista Mundo (1939) en Madrid, colaborou en La Voz de España, Artes y Letras e Misión. Foi director da revista Blanco y Negro, correspondente da axencia EFE no estranxeiro e colaborador de opinión en ABC. Escribiu pezas dramáticas que non se chegaron a estrear como El Exiliado, Comedia para estudiantes ou Epitafio para un soñador, e a novela Señor profesor (1939).
VER O DETALLE DO TERMO