Hardy, Oliver Norvell

Hardy, Oliver Norvell

Actor e realizador cinematográfico estadounidense. Coñecido como Oliver Hardy, foi o popular “gordo” da parella cómica Laurel & Hardy, que formou xunto con Stan Laurel desde 1926. Co nome de Babe Hardy realizou filmes como Fat and Fickle (1916) e The Other Girl (1917). Entre a numerosa filmografía da parella destacan The Devil´s Brother (1933), Way out West (1936), Saps at Sea (1939) e The Bullfighters (1945)

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Atlanta, Georgia

  • Deceso

    Lugar : Burbank, California