"Olmedo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado na Tierra de Medina e regado polos ríos Eresma e Adaja (3.435 h [2001]). É un municipio rico en piñeirais, que permitiron o desenvolvemento da industria da resina, ademais das actividades agrícolas e gandeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou estudos na Escola Massana e na Llotja de Barcelona. Iniciouse no expresionismo abstracto, utilizando un intenso cromatismo e incluíndo sucesivamente elementos xeométricos, cruces e círculos, dotados dunha gran carga simbólica. Traballou con grandes formatos, pola súa formación en técnicas murais. Encargouse da escenografía e vestiario da curtametraxe O resplandor da morte e, das súas obras destacan Hábitat (1988) e Ophelia (Insomne) (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate armado acontecido en Olmedo o 19 de maio de 1445, entre as forzas de Álvaro de Luna e o Rei Xoán II de Castela, e as da liga de nobres e os seus aliados, os infantes de Aragón Enrique e Xoán, futuro Xoán II Aragón. O enfrontamento xurdiu a partir dunha escaramuza e significou a vitoria de Álvaro de Luna. O infante Enrique de Aragón, ferido de morte, e o seu irmán Xoán tiveron que fuxir a Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e poeta ecuatoriano. Deputado nas Cortes de Cádiz, defendeu a liberdade do seu país. Escribiu poesías de corte neoclásico, pero tamén impregnadas dun certo romanticismo. En 1947 foron editadas as súas Poesías Completas.

    VER O DETALLE DO TERMO