Olmedo Portela, Norberto

Olmedo Portela, Norberto

Pintor. Realizou estudos na Escola Massana e na Llotja de Barcelona. Iniciouse no expresionismo abstracto, utilizando un intenso cromatismo e incluíndo sucesivamente elementos xeométricos, cruces e círculos, dotados dunha gran carga simbólica. Traballou con grandes formatos, pola súa formación en técnicas murais. Encargouse da escenografía e vestiario da curtametraxe O resplandor da morte e, das súas obras destacan Hábitat (1988) e Ophelia (Insomne) (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra