"Olveira" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dumbría baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribeira baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Coñecido como Pico, foi presidente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Galicia. Traballou en obras de numerosas compañías, como DITEA, O Moucho Clerc ou o Centro Dramático Galego, de onde destacan A noite vai coma un río (1986), O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991), Hostia (1995), Si o vello Simbad volvese as illas (1999) ou O ano do cometa (2004). Participou en diversas producións cinematográficas, como Esperanza (1986), Divinas palabras (1987), Sempre Xonxa (1989), A lingua das bolboretas (1999), Unha luz encendida (2000) e A vida que che espera (2004), e en series de televisión como Pratos combinados, O veciño do xoves, Os outros feirantes e Mareas Vivas. Recibiu o Premio María Casares ao mellor actor secundario (2000) e ao mellor actor protagonista (1999 e 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Utilizou grandes campos cromáticos nas súas obras, que se moven entre o abstracto e o xeométrico. Destaca a serie Fragmentos de un diario gráfico (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Xallas, ao seu paso por Olveira (Dumbría) e Corzón (Mazaricos), no camiño de Santiago de Compostela a Fisterra. Construída ao redor do s XVI, foi realizada en cantaría e conta con seis vans, formados a partir de seis arcos de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e guerrilleiro. Durante a Guerra da Independencia participou na Batalla de Pontesampaio e nas reconquistas de Vigo e Santiago de Compostela. En 1815 organizou un batallón que se enfrontou a J. Díaz Porlier e contribuíu á súa derrota. Nomeado cóengo de Tui, foi perseguido polos constitucionalistas e estivo recluído en Herbón en 1823.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na ría de Muros e Noia, entre a punta Casarrica e a praia Parancón, na parroquia de Esteiro (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vigo 23.11.1932) Pintor e escultor. Realizou traballos en La Metalúrgica, na sección de debuxo e deseño, onde aprendeu as técnicas de litografía sobre chapa, debuxo en pedra e os procesos de estampación e coloración en litografía industrial. En 1949 viaxou a París, onde coñeceu os arquitectos Rafael Lehoz e Le Corbusier, que influíron na súa concepción pitórica. Continuou a súa formación na Escola Massana de Barcelona traballando con esmalte cicelado (Mariscadoras, 1960; Liña dunha gaviota, 1962; Incre no espacio, 1985; Catavento, 1994). O material que empregou principalmente foi o ferro, aínda que tamén realizou obras con técnica mixta sobre madeira (Superposición de planos, 1990) ou cartón (Maqueta dun interior, 1998). Iniciou varias series sobre planos en que tivo moi en conta a triloxía volume-cor-espazo. A súa obra, inicialmente de corte máis realista (Vista desde A Guía, 1958; Apagando un incendio,...

    VER O DETALLE DO TERMO