Olveira, ponte
Olveira, ponte
Construción situada sobre o río Xallas, ao seu paso por Olveira (Dumbría) e Corzón (Mazaricos), no camiño de Santiago de Compostela a Fisterra. Construída ao redor do s XVI, foi realizada en cantaría e conta con seis vans, formados a partir de seis arcos de medio punto.