"Orange" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1625-1647) e stadhouler das Provincias Unidas (1625-1647), fillo de Guillerme I o Taciturno. Sucedeu o seu irmán Mauricio I. Nomeado capitán e almirante xeral das Provincias Unidas (1625), conquistou Hertogenbosch (1629), Maastricht (1632) e Breda (1637). Creou unha poderosa flota naval e impulsou o desenvolvemento do dominio colonial holandés. Coñecido pola súa cultura, atraeu á súa corte, entre outros, a Rembrandt e R. Descartes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento do Mosela, en Lorena, Francia (11.304 h [1990]). É un núcleo de industrias de cemento, destilerías, química e metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paladín de Carlomagno. Antes de se retirar á vida monástica loitou contra os sarracenos no sur de Francia (793) e axudou os católicos en España cooperando co seu exército na reconquista de Barcelona (801). Foi canonizado polo Papa Alexandre II. O autor medieval Wolfram von Eschembach, no seu poema épico Parzival, converteuno en paradigma de cabaleiro cristián medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1544-1584) e stadhouder de Holanda, Zelanda e Utrecht (1559-1584), fillo e sucesor do conde de Dillenburg, Guillerme o Vello. De nome Guillerme de Nassau-Dillenburg, herdou do seu primo Renato de Nassau o principado de Orange (1544). Ao servizo de Carlos V, foi membro do Consello de Estado de Flandres (1555) ata que en 1568, despois da revolta de varias cidades flamengas por causa da política de Filipe II, se converteu no líder das provincias sublevadas. Tras enfrontarse en varias ocasións cos exércitos do duque de Alba, refuxiouse en Alemaña, onde organizou os exércitos protestantes. Coa axuda dos hugonotes conseguiu en 1576 o alzamento xeral dos Países Baixos e a elección do arquiduque Matías, irmán do emperador, como gobernador de Flandres. En 1578, trala derrota flamenga na Batalla de Gembloux, refuxiouse en Amsterdam e logrou a creación da Unión de Utrecht (1579), base das futuras Provincias Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange e stadhouder das Provincias Unidas (1647-1650), fillo e sucesor de Federico Enrique I de Orange-Nassau. Presionado pola burguesía dos seus territorios, asinou coa monarquía hispánica a Paz de Münster (1648), onde recoñeceu a existencia das Provincias Unidas do S baixo dominio hispano mentres que Filipe IV recoñecía a independencia das Provincias Unidas e a súa liberdade de comercio coa América hispana. Continuou os enfrontamentos bélicos coa coroa hispana e coa Inglaterra de O. Cromwell, feito que lle valeu a oposición dos Estados Xerais das Provincias Unidas (1650). Pouco antes de morrer, asinou unha alianza defensiva con Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillerme III de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Stadhouder das Provincias Unidas (1747-1751). Nomeado stadhouder de Frisia e Groningen en 1718, foi nomeado stadhouder hereditario en 1747 trala ameaza de invasión francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro stadhouder das Provincias Unidas (1751-1795), fillo e sucesor de Guillerme IV de Orange-Nassau. Asumiu o cargo de stadhouder en 1766 trala rexencia da súa nai primeiro e do duque de Brunswick despois. A súa derrota na guerra contra o Reino Unido (1780-1784) e a influencia da Revolución Francesa, levárono a fuxir a Inglaterra en 1784 e a exiliarse en Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Stadhouder de Holanda e Zelanda (1585-1625) e de Utrech e Overijssel (1590-1625), fillo de Guillerme I de Orange-Nassau. Foi nomeado presidente do Consello de Estado das Provincias Unidas (1584) e gobernador e capitán xeral (1587). Á fronte das tropas españolas conquistou Breda (1591), Nieuwpoort (1600) e Rhinberg (1601). Opúxose á Tregua dos Doce Anos (1609-1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de África meridional que ten 1.869 km de lonxitude. Nace nas montañas Drakensberg, a 3.160 m de altitude, e desemboca no Atlántico, despois de atravesar República Sudafricana, en dirección L-O. No seu curso atravesa tamén Lesotho, arquea o límite meridional de Orange (República Sudafricana) e a fronteira con Namibia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, EE UU, centro residencial ao SL da aglomeración de Los Angeles (128.821 h [estim 2000]). É o mercado agrícola da rexión e ten algunha industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de República Sudafricana, actual Estado Libre, delimitada polo río Orange ao S, polo Vaal ao N e ao O e por Lesotho ao O (129.480 km2; 2.760.558 h [estim 2000]). A súa capital é Bloemfontein. Ten xacementos de ouro ao NO, e de diamantes ao SO. No val do Vaal destaca a explotación de minas de hulla. A política británica na provincia do Cabo e Natal, fixo que bóers destes dous territorios se establecesen ao N do río Orange en 1836 e en 1843, respectivamente. En 1845 foron sometidos por Reino Unido e o seu territorio converteuse na colonia do río Orange (1848). A loita cos sothos provocou a retirada británica do territorio (1852), que foi recoñecido como estado libre na Convención de Bloemfontein (1854). Co achado de diamantes, Reino Unido someteuno á colonia do Cabo. En 1896 aliouse con Transvaal contra os británicos, que venceron e a converteron en colonia en 1900. En 1907 conseguiu a autonomía definitiva e en 1910 incorporouse á Unión Sudafricana como provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Belize (4.636 km2; 39.570 h [estim 1999]). A súa capital é Orange Walk (15.505 h [estim 1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade secreta creada en 1794 polos presbiterianos do Ulster, para combater cos católicos e facerse valer ante o Reino Unido. A emancipación dos católicos outorgada en 1829, significou o seu declive e disolveuse ante a oposición do goberno inglés (1836). Máis tarde reapareceu, con organizacións filiais en Reino Unido e EE UU, pero desfíxose a comezos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título e territorio creado como señorío no SE de Francia. Foi despois un condado, e converteuse en principado no s XII. A súa unión coa rama dos Nassau tivo lugar cando Enrique III de Nassau o Grande (1483-1558), gobernador de Países Baixos e stadhouder xeral, casou con Claudia de Chalon (1515), herdeira do principado de Orange. En 1518 herdouno o seu único fillo, Renato de Nassau e, ao morrer este sen herdeiros (1544), pasou a Guillerme I o Taciturno (1545), de quen partiu a orixe da rama Orange-Nassau ( Guillerme I de Orange-Nassau ). Dela formaron parte os seus fillos e sucesores, Mauricio I de Orange-Nassau (1585-1625) e Federico Enrique I de Orange-Nassau (1625-1647); o fillo deste Guillerme II de Orange-Nassau (1647-1650) e o neto, Guillerme III de Orange-Nassau (1650-1702), que ademais foi rei de Inglaterra. Tras a súa morte herdouno Xoán...

    VER O DETALLE DO TERMO