"Oregon" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Peixe de auga doce do xénero Coregonus, da familia dos salmónidos. De corpo alongado e comprimido, posúe escamas grandes e arxénteas, o dorso máis escuro, a boca pequena con dentes pequenos e pouco numerosos, a primeira aleta dorsal con dezaseis radios, a segunda aleta dorsal adiposa e a aleta caudal gallada. Aliméntase, principalmente, de crustáceos e plancto. Os corégonos son gregarios e forman grandes bancos; no momento da reprodución, desprázanse ás cabeceiras dos ríos para realizar a freza. Habitan nos mares boreais, nos ríos e nos lagos do norte de Europa, Asia e Norteamérica. Debido ao illamento xenético das distintas poboacións, principalmente no caso dos lagos, o xénero presenta unha gran diversidade de especies e subespecies. Consómese fresco ou afumado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos salmónidos ao que pertencen os corégonos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU, situado na rexión do Pacífico (251.419 km2; 3.421.399 h [2000]). A súa capital é Salem. Limita co estado de Washington ao N, co de Idaho ao L, Nevada e California ao S e co Océano Pacífico ao O. Preto da costa érguese a Cordilleira da Costa, separada da Cascade Range pola depresión de Portland e Albany. Nos vales do Willamette e do baixo Columbia, atópanse as principais áreas agrícolas, con cultivos de forraxe, millo, patacas, froitas e verduras. Ademais, explota racionalmente bosques de abeto de Douglas para a fabricación de pasta de papel. A conurbación de Portland-Vancouver (Washington) forma a principal área urbana. Habitada por tribos atapascanas ou salish, Bartolomé Fenelo (1543) e Vizcaíno e Aguilar (1603) exploraron as súas costas e Francis Gary o interior (1792). Disputada por españois, ingleses, rusos e estadounidenses, en 1818 os ingleses aceptaron un condominio cos estadounidenses. Grazas ao Oregon Trail, iniciouse a mediados do s XIX unha...

    VER O DETALLE DO TERMO