"Oriana" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritora. Destacou coas súas primeiras entrevistas a personaxes importantes do mundo da política e da cultura, e fíxose popular coas súas reportaxes publicadas en toda a prensa mundial. Da súa produción cómpre salientar I sette peccati di Hollywood (Os sete pecados de Hollywood, 1959), Penelope alla guerra (Penélope na guerra, 1962), Lettera a un bambino mai nato (Carta a un neno que nunca naceu, 1975), Un uomo (Un home, 1979) Insciallah (1990) e La rabbia e l orgoglio (A rabia e o orgullo, 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa cristiá oriental formada polos cristiáns do antigo Imperio Parto-sasánida. Coñecida tamén como Igrexa Asiria, Sirio-oriental ou Caldea, a evanxelización partiu de Edessa, e iniciouse antes da caída do Imperio Parto (226). Un sínodo convocado en Seleucia (410) constituíu un catolicosado, que en 424 se converteu practicamente en autónomo. En 486 esta igrexa aceptou o nestorianismo. No s XIII, e baixo a protección de Khublai Khan, fundador da dinastía Yuan, chegou a ter bispos e comunidades en moitas cidades chinesas, que desapareceron coa chegada da dinastía Ming (1368-1644). Chegou tamén, xa desde o s IV, á costa de Malabar (India). En 1552, das comunidades nestorianas do Oriente Medio, xurdiu o grupo unido en Roma que se coñeceu co nome de Igrexa Caldea. Organizada xerarquicamente, en 1830 erixiuse o patriarcado católico de Babilonia dos caldeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe incerta, que para uns procede do nome cabaleiresco do francés medieval Oriane, que pasou ao inglés como Oriana e Oriande, posiblemente derivado do latín oriri ‘xurdir’, ‘nacer’. Para outros, a súa orixe probablemente estea no latín aureana, nome que aínda se daba no s XIX en Larouco, O Barco, Petín e Quiroga ás mulleres que buscaban ouro peneirando areas do Sil, seguindo unha técnica prerromana. E, por último, outros cren que derivaría do xentilicio de Oria (Italia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de estado que tivo lugar o 9 de termidor do ano II (27 de xullo de 1794) na Francia revolucionaria. Os moderados provocaron a caída de Maximilien de Robespierre, feito que significou a fin do Terror (1793-1794) e do dominio xacobino na Convención Nacional e puxo o proceso revolucionario en mans dos elementos moderados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do xentilicio de Vítor.

    VER O DETALLE DO TERMO