Oriana

Oriana
[ONOM]

Antropónimo feminino de orixe incerta, que para uns procede do nome cabaleiresco do francés medieval Oriane, que pasou ao inglés como Oriana e Oriande, posiblemente derivado do latín oriri ‘xurdir’, ‘nacer’. Para outros, a súa orixe probablemente estea no latín aureana, nome que aínda se daba no s XIX en Larouco, O Barco, Petín e Quiroga ás mulleres que buscaban ouro peneirando areas do Sil, seguindo unha técnica prerromana. E, por último, outros cren que derivaría do xentilicio de Oria (Italia).

Palabras veciñas

Oria | Oria | Oriamendi | Oriana | Oriani, Alfredo | Oriani, Barnaba | Oriant, An