Oriamendi

Oriamendi

Outeiro de 131 m de altitude que está situado ao S da cidade de Donostia, actualmente englobado dentro do ensanche da cidade. Alí tivo lugar a batalla gañada polos carlistas sobre as forzas liberais en 1837. As operacións tiñan por obxecto romper a liña carlista que bloqueaba Donostia, aínda que este obxectivo non se conseguiu, a vitoria carlista non tivo repercusións ulteriores importantes. Deu nome ao himno dos carlistas.

Palabras veciñas

Oria | Oria | Oria | Oriamendi | Oriana | Oriani, Alfredo | Oriani, Barnaba