"Osio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 45.

  • GALICIA

    Monxe cistercense. Ingresou no mosteiro de Carracedo (León) e foi abade do Colexio de San Bernardo de Alcalá de Henares, do de Meira, electo de San Martín de Castañeda (Zamora) e secretario da Congregación, participando entre 1771 e 1775 nas reformas da mesma. Entre os seus traballos atópanse Viaje del mundo de Descartes, que escribió y publicó en Francés el P. Gabriel Daniel de la Compañía de Jesús (Salamanca, 1742); as obras manuscritas, algunhas conservadas no mosteiro de Carracedo, Cuenta y razón de las Constituciones de los Jesuitas dada por Pedro Julio Duton Abogado general del Rey al Parlamento de Burdeos en los días 13 y 14 de mayo de 1762 traducidos a nuestro idioma, Doctrina de Caramuel inextinguible, Catálogo de los abades de Carracedo desde su primer Abad Zacarías, Vida de la Santa Reyna llamada Doña Teresa Gil, y de San Gil de Casayo; e a incompleta Apuntes sobre todos los Monasterios de Monges y Monjas de la Orden, Catedrales,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade de Volturno (Campania). Escritor eclesiástico, foi célebre a súa obra Conflites vitiorum et virtutum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor cinematográfico que fundou o primeiro cinematógrafo italiano. Produciu 1.400 películas a partir de 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    De nobre familia, foi funcionario do Imperio Romano e gobernador de Milán. A súa elección como bispo tivo lugar por aclamación popular, sendo aínda catecúmeno. A lenda di que na asemblea de fieis un meniño berrou: “Ambrosio, bispo!”, o que se interpretou como voz divina. No prazo dunha semana bautizárono, ordenárono sacerdote e consagrárono Bispo. Aprendeu grego e entregouse ao estudo da teoloxía; é un dos catro doutores da Igrexa Latina. No 387 bautizou o que habería ser santo Agostiño. Interveu activamente na defensa dos bispos católicos contra os candidatos arrianos e enfrontouse ao Emperador, cando este tentou subtraerlle aos arrianos as dúas basílicas milanesas máis grandes. Tempo despois, cando o Emperador Teodosio ordenou a matanza dos habitantes de Tesalónica, alporizados contra o prefecto, impúxolle unha penitencia pública e no ano 390 prohibiulle a entrada no templo de Milán ata que non demostrase a súa inocencia naquelas masacres. A Lenda Dourada de Jacopo de Voragine recolle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do grego ἀ μβρόσιος ‘inmortal, divino’. A forma feminina ἀ μβροσία pasou ao latín como ambrosia ‘manxar dos deuses’ da mitoloxía grega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura de dicción na que o orador se interrómpe de súpeto dando a entender que, por prudencia e cabaleirosidade, non quere dicir o que ten no pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno presente en certas linguas africanas, consistente en dúas interrupcións sucesivas, pero moi inmediatas na produción de fonemas oclusivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anticuario. Publicou as súas investigacións no seu libro Roma sotterranea (Roma subterránea, 1622).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Discípulo de Augustin Pajou e de Antonio Canova. Neoclásico ortodoxo, en París foi escultor oficial de Napoleón e de Luís XVIII. É autor da cuadriga do arco de Carrousel (1806), dos relevos da columna Vendôme (1806-1810) e da estatua ecuestre de Luís XIV na praza das Victorias (1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político mexicano. Presidente do Partido Revolucionario Institucional (PRI) en 1991, foi ministro de Desarrollo Social (1992) e candidato nas eleccións presidenciais de 1994, nas que foi asasinado durante un acto electoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de corroer ou corroerse.

    2. Deterioro superficial dos metais causado por axentes químicos. Cómpre que un electrólito estea en contacto co metal (ánodo), feito que provoca que este se ionice e disolva, mentres que os electróns neutralizan os anións da disolución que precipitan. A reacción fundamental é M+A + →M + +A. A cantidade de M disolta é proporcional ao fluxo de electróns, que, á súa vez, é función do potencial e da resistencia do metal. Para que a reacción sexa continua, os produtos dela deben irse eliminando das zonas anódica e catódica. O axente de corrosión máis importante é o potencial que se establece entre dous metais en contacto, mergullados nun electrólito que dependa da natureza química do ánodo e do cátodo; neste caso, o primeiro resulta atacado (corrosión galvánica), mentres o segundo queda protexido (protección catódica). A velocidade de corrosión diminúe pola polarización catódica e aumenta pola axitación...

    3. Forma de erosión das rochas, pola acción química da auga e dos ácidos que esta leva disoltos. A auga é o medio no que adoitan actuar estes axentes, normalmente por disolución. Os relevos cársticos son unha forma de corrosión das rochas calcarias, do mesmo xeito que ocorre co xabre e co granito. Tamén se denomina erosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Fundou o Colegio de México (1938), a editorial Fondo de Cultura Económica (1948) e as publicacións Revista de Historia Mexicana e Trimestre Económico. Dirixiu La Historia Moderna de México (1955-1972), obra en dez volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • frei (? - León 26.6.1895) Monxe cisterciense. Permaneceu no mosteiro de Santa María de Monfero dende o seu ingreso na orde ata 1835. Foi capelán do mosteiro de San Miguel de las Dueñas. Realizou numerosos estudios históricos sobre a orde do Císter, entre os que destaca unha monografía sobre San Miguel de las Dueñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico de número atómico 66 e peso atómico de 162,50, pertencente á serie dos lantánidos, tamén chamada das terras raras. É un metal abrancazado, que funde entre 1.475 - 1.500°C, dun grao de oxidación de +3. De escasa presenza na codia terrestre, extráese dos minerais do cerio mediante métodos complexos nos que se utiliza o intercambio iónico. O metal puro obtense con gran dificultade por electrólise do cloruro fundido e, máis recentemente, reducindo o cloruro polo calcio e o fluoruro polo magnesio. O seu uso non está moi estendido, e emprégase como absorbente de neutróns nalgunhas aliaxes e na industria nuclear. Descubriuno en 1886 François Lecoq de Boisbaudran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto. Formouse con Raffaello de Montelupo en Roma, onde realizou monumentos fúnebres en San Pietro in Montorio e en San Lorenzo in Damaso. En Florencia construíu, entre outras, a capela Gaddi en Santa Maria Novella e o Palazzo Larderel, e en Nápoles, a igrexa de San Filippo Neri. Publicou o libro de debuxos Urbis Romae aedificiorum illustrium quae supersunt reliquiae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno que comprende a rotura e a saída do ovo dun animal en estado larvario ou xa ben desenvolvido.

    2. Rotura e saída do casulo dun adulto trala metamorfose.

    3. Acción de abrirse o gromo ou a flor dunha planta.

    4. Manifestación súbita de algo inesperado ou novidoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que emprega a industria para poder mecanizar con gran precisión todo tipo de materiais que sexan condutores (metais, aliaxes, grafito, cerámicas, etc), independentemente da súa dureza. No proceso de electroerosión arríncase material por medio dunha serie sucesiva de descargas eléctricas, separadas unhas das outras un certo tempo, que saltan entre dous polos, un constituído polo electrodo ou a ferramenta de traballo, e outro pola peza que se mecaniza. As descargas créanse por xeradores de impulsos eléctricos. O mecanizado por electroerosión efectúase, xa que logo, mediante o salto de chispas eléctricas entre dous electrodos que se someten a unha determinada tensión eléctrica e son somerxidos nun líquido illante (líquido dieléctrico). Ao estaren os dous electrodos nun medio dieléctrico ou illante, a tensión que se lles aplique a ambos ten que ser suficiente como para chegar a crear un campo eléctrico maior ca a rixidez dieléctrica do líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballar os metais polo procedemento de electroerosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desgaste producido na superficie dun corpo polo rozamento con outro.

      1. Conxunto de procesos que sofren as rochas e que modifican o seu aspecto orixinal. A erosión inclúe o desprendemento de materiais provocado polos axentes da meteorización e tamén o transporte dos detritos. A erosión oponse, desde o punto de vista xeomorfolóxico, á oroxenia. A enerxía da erosión provén tanto da gravidade terrestre como da radiación solar, e case que toda a erosión é obra de fluídos movidos pola atracción gravitatoria, que arranca e transporta os detritos ata depositalos nun nivel máis baixo. Os principais axentes erosivos son o vento e a auga. As partículas transportadas polo vento atacan as rochas. A auga produce un efecto erosivo máis poderoso ca o vento; en estado sólido erosiona por medio de glaciares e cuñas de xeo (esta acción é contundente nas rexións polares e na alta montaña), e en estado líquido erosiona a través da chuvia, de correntes de auga tanto subterráneas como superficiais, de ondas e correntes mariñas. A auga disolta na atmosfera ten un gran papel erosivo,...

      2. erosión diferencial

        Erosión que afecta a materiais de distinta dureza, de xeito que o menos resistente a un determinado axente de erosión resulta máis afectado. Pódese apreciar claramente nun dobramento anticlinal dunha serie de, por exemplo, arxilas e pedras calcarias.

      1. Destrución ou ulceración dun tecido orgánico provocada pola frición, compresión e a corrosión, ou ben por outro tecido contiguo que ten máis forza de crecemento.

      2. erosión dentaria

        Desgaste progresivo dos dentes que comeza no esmalte e se estende á polpa.

    2. Perda gradual de diversidade xenética entre ou dentro de poboacións de plantas ou animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Producir erosión.

    VER O DETALLE DO TERMO