"Oss" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 183.
-
PERSOEIRO
Político chileno. Licenciado en Medicina (1932) e cofundador do Partido Socialista Chileno (1933), foi Ministro de Sanidade nos gobernos de P. Aguirre Cerda (1939-1941, 1941-1942). Senador dende 1945, ocupou o cargo de Presidente do Senado no 1952. Como representante da coalición de esquerdas Unidad Popular, acadou a Presidencia do Goberno de Chile no 1970. A súa política afanouse nun tránsito pacífico ao socialismo. Nacionalizou os bancos, as minas de cobre e algunhas grandes empresas, o que o enfrontou duramente cos poderes fácticos da oposición de dereitas, tendo que afrontar fortes presións estadounidenses, tendo en conta os grandes intereses que os EE UU mantiñan no tecido industrial e económico de Chile. En setembro do 1973 foi derrocado por un golpe de estado militar, que contou con apoio loxístico e material estadounidense, rematando co réxime democrático. Rexeitando a posibilidade de fuxir e poñerse a salvo, Allende morreu defendendo o Palacio da Moeda, sede do goberno chileno;...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de Picinni. Actuou nos teatros máis importantes de Europa e en Roma exerceu de mestre de capela en San Xoán de Letrán (1792-1797). Escribiu máis de setenta óperas entre as que destacan La finta giardianera e Didone abbandonata.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas mariñas da familia das deleseriáceas, de talo vermello, acintado, de menos de 1 cm de largo e 10 cm de longo, netamente nerviadas, de ápice arredondado, fixado ao substrato mediante un disco. En lugares de escasa iluminación da costa galega aparece A. ruscifolium.
-
PERSOEIRO
Neurólogo e psiquiatra. Considérase un dos modernos pioneiros da cibernética, coa realización en 1948 dun proxecto de cerebro artificial, o aparello denominado homeóstato. As súas obras máis importantes son: Desing for a Brain (Deseño para un cerebro, 1952) e An Introdution to Cybernetics (Introdución á Cibernética, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor norteamericano. Da súa obra destacan as novelas The Indifferent Children (Os nenos indiferentes, 1947) e A Law for the Lion (A lei para o león, 1953) e as coleccións de contos Powers of Attorney (Os poderes do apoderado, 1963), Tales of Manhattan (Lendas de Manhattan, 1967) e Persons of Consequence (Persoas de categoría, 1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor e humanista, coñecido como Jodocus Badius Ascensis. Formado en Italia, estudiou grego e latín en Lyon. Corrector nas prensas de J. Trechsel, cara ao 1495 estableceuse no taller de Robert Gaguin de París ata que posuíu imprenta propia, contra o 1500. Membro do núcleo de humanistas prerreformistas de París, do grupo de Lefèvre de Etaples, editou case catrocentos volumes dos humanistas máis relevantes da súa época (Erasmo, Budé, Poliziano, etc). Propiciou algunhas das primeiras edicións de obras lulianas: Logica brevis (1516), Proverbia (1518) e Arbor philosophiae amoris (1516). Escribiu algunhas obras orixinais, como Navis Stultorum (A nave dos tolos). Casou as súas fillas con libreiros e impresores,;dun deles, Roberto Stéfano, descende a liñaxe dos Ètienne.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de hemicordados da clase dos enteropneustos, que poden acadar unha lonxitude de ata 30 cm, son de cor amarela e teñen o abdome aplanado. No Atlántico, e tamén no Mediterráneo, pódese atopar a especie B. clavigerus, que escava nos fondos areosos e lamacentos da zona infralitoral e nas augas máis profundas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de covas localizadas entre a vila de Grimaldi (Liguria) e a fronteira francesa. Proporcionou importantes descubrimentos prehistóricos do Paleolítico medio e superior.
-
PERSOEIRO
Político húngaro. Xefe de goberno ao inicio da Segunda Guerra Mundial, declarou a guerra á URSS (1941), forzado por Alemaña. Foi executado no 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro. Foi presidente do consello de ministros húngaro (1941-1942). Influíu na entrada de Hungría na Segunda Guerra Mundial e declaroulle a guerra á Unión Soviética (1941). Despois da derrota foi condenado a morte e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid (1871-1874) e na Escola Superior de Diplomática (1876-1877 e 1880-1881). Foi director do Museo Pedagógico Nacional (1883-1929), o primeiro catedrático de Pedagoxía en España (1904), conselleiro de Instrución Pública (1921) e presidente do padroado de Misiones Pedagógicas (1931). Foi o principal discípulo de Francisco Giner de los Ríos, fundador da ILE (Institución Libre de Enseñanza), e o principal defensor dos plans que Giner trazara para a reforma da educación e da sociedade española, participando, por exemplo, na Fundación Sierra-Pambley ou na Escuela-Asilo Sotés. Tivo unha forte vinculación coa sociedade e cultura galega a través da súa esposa Carmen López-Cortón Viqueira. A partir de 1890, e acompañado frecuentemente por Francisco Giner e outros profesores institucionistas, pasou os veráns na casa grande de San Vitorio en Vixoi (Bergondo), e influíu nas primeiras experiencias de colonias de vacacións escolares en Galicia,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Aprendeu o oficio de modelista nunha fundición artística, á vez que iniciaba os seus estudios na Escola de Artes Decorativas de Berlín e na Academia de Leipzig. Foi coleccionando plantas e realizando os seus primeiros traballos fotográficos nas súas viaxes por Italia, Grecia e polos países de África do Norte. A partir de 1898 empregou este material para a docencia da modelaxe no Museo de Artes Decorativas de Berlín, onde impartía clase. En 1900 realizou a primeira serie fotográfica de plantas. Publicou os libros: Urformen der Kunst (1928) e Wundergarten der Natur (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Foi catedrático de Astronomía Matemática na Sorbonne e membro da Académie des Sciences. Investigou nos campos da Mecánica e da Xeometría pura. É o autor de diversas memorias publicadas no Journal des Mathématiques.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de música baseada, sobre todo, na samba e noutros bailes do Brasil, e influída polo jazz.
-
PERSOEIRO
Gravador e debuxante francés. Foi profesor na Académie Royale (1648-1661). Influído por Jacques Callot, a súa obra analiza a descrición e a crítica de detalles, costumes, a arquitectura, etc, da sociedade francesa coetánea. Publicou Suite de gravures de mode à la manière de Callot (Serie de gravados de moda ao xeito de Callot, 1629) e Traité des manières de graver en taille douce (Tratado das maneiras de gravar en talla suave, 1645).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Estudiou Pedagoxía e Historia da Arte. Dedicouse á fotografía de viaxes, recompilando material das súas visitas a Sumatra, Siam, a India e o Extremo Oriente. Estivo no Tíbet entre 1927 e 1929. Volveu á India e a China como correspondente do xornal Münchner Illustrierte Presse para realizar entrevistas con Chang-Kaishek e Mao Zedong. Estivo tamén presente no voo do Zeppelin ao Ártico no 1932. En 1939 traballou como correspondente do Neue Zürcher Zeitung, viaxando pola Península Balcánica e Oriente Próximo. Asistiu á conferencia fundacional da ONU en 1945 e despois dun accidente en Corea en 1953 abandonou a súa profesión como reporteiro gráfico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte italiano. Artista neoclásico, foi o precursor da Pinacoteca Brera de Milán (1802). É autor de Discorso sulla utilitá política delle arti del disegno (Discurso sobre a utilidade política da arte do debuxo, 1805), Del cenàcolo di Leonardo da Vinci (Sobre o cenáculo de Leonardo da Vinci, 1810) e Saggio di ricerche intorno all’armonia cromatica naturale e artificiale (Ensaio sobre a busca da harmonía cromática natural e artificial, 1821), onde se ocupou do uso moderadamente naturalista da cor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema, empregado nos EE UU, que consiste na influencia predominante do boss, termo equivalente a amo, xefe ou cacique, nas organizacións políticas locais.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico, escritor e orador. Bispo de Condom, da Gascoña (1669-1671) e de Meaux (1681-1704), encargouse da educación do delfín, fillo de Luís XIV (1670-1678) para quen escribiu Discours sur l’histoire universelle (Discurso sobre a historia universal, 1681), obra na que mantiña que é a providencia a que impulsa a historia. Interveu na querela fronte ao quietismo de Fénelon. Entre as súas obras destaca Histoire des variations des Églises protestantes (Historia das variacións das Igrexas protestantes, 1688), na que combateu a Reforma. Foi o teórico da monarquía absoluta sobre o dereito divino. A súa obra política máis importante é Politique tirée des propres paroles de l’Écriture Sainte (Política baseada nas propias palabras da Escritura Santa, 1709).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización italiana revolucionaria clandestina. Fundada no 1969 por Renato Curcio e formada por elementos de extrema esquerda, dende o 1970 cometeu unha serie de atentados contra altos cargos e instalacións do estado. Tamén realizou diversos secuestros, a miúdo acabados en asasinato, como no caso de Aldo Moro, secuestrado en 1978. Moitos dos seus dirixentes iniciais están en prisión -entre eles Curcio- ou xa morreron en encontros coa policía. A finais de 1981 secuestraron a un xeneral estadounidense destinado en Verona, que foi rescatado pola policía en 1982, e, como consecuencia, produciuse a detención de numerosos activistas e o conseguinte debilitamento da forza do grupo.