Bossuet, Jacques Bénigne

Bossuet, Jacques Bénigne

Eclesiástico, escritor e orador. Bispo de Condom, da Gascoña (1669-1671) e de Meaux (1681-1704), encargouse da educación do delfín, fillo de Luís XIV (1670-1678) para quen escribiu Discours sur l’histoire universelle (Discurso sobre a historia universal, 1681), obra na que mantiña que é a providencia a que impulsa a historia. Interveu na querela fronte ao quietismo de Fénelon. Entre as súas obras destaca Histoire des variations des Églises protestantes (Historia das variacións das Igrexas protestantes, 1688), na que combateu a Reforma. Foi o teórico da monarquía absoluta sobre o dereito divino. A súa obra política máis importante é Politique tirée des propres paroles de l’Écriture Sainte (Política baseada nas propias palabras da Escritura Santa, 1709).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dijon, Borgoña

  • Deceso

    Lugar : París