"Ozores" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

    1. Apelido de orixe galega que se estendeu por toda a Península.

    2. Liñaxe galega que trae como armas, en campo de prata, un león rampante, de goles, coroado de ouro, e unha espada espida atravesando o león, en banda, tendo o león collida a espada coas poutas. Outros traen, en campo de prata, un carballo de sinople, cun oso pardo pasante, ao pé do tronco, coa cabeza levantada, e en cada un dos ángulos do xefe, unha estrela de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia vinculada ao mundo cinematográfico e teatral. Comezou a tradición familiar no ámbito artístico con Mariano Ozores Francés (17.10. 1890-?), actor cinematográfico, que participou en películas como El bailarín y el trabajador (1936) ou Manolo, guardia urbano (1956). O seu fillo, José Luis Ozores Puchol (Madrid 18.6.1923 - 10.5.1968), foi actor cinematográfico. Debutou en teatro, pero pasou ao cine, onde interpretou papeis cómicos de home rústico e bondadoso en películas como Los ladrones somos gente honrada (1956) ou Recluta con niño (1956). Atacado de parálise, participou aínda en programas de televisión e obras teatrais. O seu irmán, Mariano Ozores Puchol (Madrid 5.10.1926), realizador cinematográfico, dirixiu películas cómicas (La Lola nos lleva al huerto, 1984, ou No, hija, no!, 1987), e tamén ao servizo da ideoloxía franquista, como Morir en España (1965). O seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e filántropo, marqués de San Martiño de Ombreiro. Foi coronel de artillaría.   Presidiu a Academia Provincial de Bellas Artes (1901-1922), e promoveu a creación do Museo Provincial e das Escolas Populares Gratuítas na Coruña. Foi membro da Real Academia Galega (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi deputado nas Cortes (1914-1922) e senador (1923). Presidiu a Deputación da Coruña, a Academia Provincial de Bellas Artes (1922-1927) e o consello de administración de La Voz de Galicia (1912-1927). Pertenceu á Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e escritor, conde de Priegue. Fundou e foi xerente da distribuidora e produtora Los Films de El Búho SL e do Festival de Cine de Humor Ciudad de La Coruña. Foi membro da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas e membro fundador e bibliotecario da Academia Gallega de Gastronomía. Das súas producións cinematográficas destacan Demonios en el jardín (1982), La mitad del cielo (1986) e Malaventura (1988). Publicou os libros Cocina Gallega (1998) e La cena de los videntes (2001, premio Fernando Arenas Quintela). Recibiu a Medalla Paul Harrys Fellow (Rotary Club).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e pintor. A carreira militar impediulle dedicarse exclusivamente á pintura ata 1946. Dedicouse ao retrato e ás escenas de interior, aínda que tamén cultivou a paisaxe, a figura e o bodegón. Traballou preferentemente o óleo. Destacan Playa de Puentedeume e Muchacha cosiendo. Acadou a terceira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO