Ozores

Ozores
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe galega que se estendeu por toda a Península.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe galega que trae como armas, en campo de prata, un león rampante, de goles, coroado de ouro, e unha espada espida atravesando o león, en banda, tendo o león collida a espada coas poutas. Outros traen, en campo de prata, un carballo de sinople, cun oso pardo pasante, ao pé do tronco, coa cabeza levantada, e en cada un dos ángulos do xefe, unha estrela de azul.