"Palaemon" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de crustáceos decápodos, da familia dos palemónidos, que miden 10 cm de longo, teñen o corpo de cor rosada ou transparente cunhas bandas escuras, presentan o cefalotórax curvado cara a arriba e rematado nun ou varios dentes, e as pinzas de maior tamaño están situadas no segundo par de patas. Aliméntanse de organismos mortos e residuos orgánicos. Presentan unha ampla distribución e en Galicia aparece a especie P. serratus, que se coñece como camarón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos decápodos, da familia dos palemónidos, que presentan o corpo comprimido lateralmente e de cor verdosa ou transparentes. Viven en esteiros ou en auga doce, sobre herbas ou sobre a vexetación somerxida. Inclúe especies tropicais e propias das rexións temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO