Palaemonetes

Palaemonetes
[ANIMAL]

Xénero de crustáceos decápodos, da familia dos palemónidos, que presentan o corpo comprimido lateralmente e de cor verdosa ou transparentes. Viven en esteiros ou en auga doce, sobre herbas ou sobre a vexetación somerxida. Inclúe especies tropicais e propias das rexións temperadas.

Palabras veciñas

paladioso -sa | palado | Palaemon | Palaemonetes | Palaeocastor | palafita | palafítico -ca