"Palermo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Fillo de escravos africanos, era coñecido co alcume de o Mouro. Pastor e labrego, ingresou na orde dos franciscanos e permaneceu no convento de Santa María de Palermo, primeiro como irmán leigo e logo como superior do cenobio. Recibe culto especial en Sicilia, o seu lugar de nacemento. En Galicia venérase na parroquia de Santa Cristina de Covas, en Meaño, onde se introduciu o culto a comezos do s XIX. Na iconografía represéntase coa faciana de cor negra, co pelo curto e crecho, cunha ampla tonsura monacal e vestindo o hábito castaño dos franciscanos, atado cun cordón. A súa festa celébrase o 4 de abril, agás en Covas, onde se conmemora o martes de Pascua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sicilia ? - Roma ?) Virxe e mártir. Confesou publicamente que Xesús Cristo era o verdadeiro Deus. É a patroa de Palermo, capital de Sicilia. A súa festividade celébrase o 10 de novembro aínda que a reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Sicilia e da provincia homónima, Italia (652.640 h [2001]) que está situada na costa occidental do golfo de Palermo. O núcleo antigo, creado arredor do porto, é o centro da actividade comercial e administrativa da cidade. Xunto ao porto creáronse industrias de construción naval e complementarias. Despois das ocupacións fenicia, cartaxinesa e romana (s III a C), foi tomada polos vándalos (mediados do s V), os ostrogodos (493) e o Imperio Bizantino (535), que dominou ata 831, ano en que pasou aos árabes, que foron expulsados polos normandos (1072). En 1266 foi conquistada por Carlos II de Anjou, pero a Coroa de Aragón apoderouse de Sicilia (1282) e cedeulla a Federico II de Sicilia pola Paz de Caltabellotta (1302), aínda que a recuperou en 1412. Posesión de Savoia (1713-1718) e de Austria (1718-1735), pasou ao Reino de Nápoles. Tomada por Garibaldi (1860), pertenceu ao Reino de Italia. Do seu patrimonio cultural destacan os restos cartaxineses e romanos, os edificios de época normanda,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Sicilia (4.992 km2; 1.198.644 h [1991]). A súa capital é Palermo.

    VER O DETALLE DO TERMO