"Palmira" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • GALICIA

    Mestra e escritora. Publicou Adiviñas (1985), Mentiras (1985), A princesa Lúa e o enigma de Kian (Premio Merlín, 1988), Quén panda? (1987), Arrolos (1987), Asoladamente, o teu nome (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1993), Brandón, fillo de Ferreol (1993) e Cando o rei por aquí pasou (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos gregos a Tadmor, antiga cidade-estado do deserto sirio-arábico, situada a 145 km ao L de Homs. Documentada no II milenio a C, Salomón fortificouna (950? a C) e a partir do s III a C foi un importante centro comercial de Oriente e Occidente. Conquistada por Tiberio (14-37) e sometida ao gobernador de Siria, coñeceuse como Hadriana Palmira (129) e converteuse en colonia romana (215?) en tempos de Caracalla, momento en que tivo o seu máximo desenvolvemento comercial, chegando ata India e Occidente. A expansión dos sasánidas de Persia e a mingua do poder romano favoreceron a súa autonomía, facilitada polo árabe Odainath, asasinado por Zenobia, que posteriormente foi proclamada raíña polo seu fillo Wahballat. Conquistada por Abū Bakr al- Ṣ iddīq (634), formou parte do Califato de Damasco. Coñécese o plano da antiga cidade e descubríronse numerosos monumentos influídos polas artes grega, mesopotámica e persa. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Valle del Cauca, Colombia, situada á beira do río Cauca (226.509 h [1999]). É a segunda cidade en poboación do departamento, e a capital agrícola de Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no nome da cidade de Palmira (Siria), equivalente ao hebreo Tadmor. Tamén se considera como derivado de palma, nome que se lle dá á celebración do domingo de Ramos, e de onde pasou a denominar os palmeiros, peregrinos a Terra Santa, que levaban unha palma como símbolo. A súa festividade celébrase o domingo de Ramos.

    VER O DETALLE DO TERMO