Palmira

Palmira

Nome dado polos gregos a Tadmor, antiga cidade-estado do deserto sirio-arábico, situada a 145 km ao L de Homs. Documentada no II milenio a C, Salomón fortificouna (950? a C) e a partir do s III a C foi un importante centro comercial de Oriente e Occidente. Conquistada por Tiberio (14-37) e sometida ao gobernador de Siria, coñeceuse como Hadriana Palmira (129) e converteuse en colonia romana (215?) en tempos de Caracalla, momento en que tivo o seu máximo desenvolvemento comercial, chegando ata India e Occidente. A expansión dos sasánidas de Persia e a mingua do poder romano favoreceron a súa autonomía, facilitada polo árabe Odainath, asasinado por Zenobia, que posteriormente foi proclamada raíña polo seu fillo Wahballat. Conquistada por Abū Bakr al- Ṣ iddīq (634), formou parte do Califato de Damasco. Coñécese o plano da antiga cidade e descubríronse numerosos monumentos influídos polas artes grega, mesopotámica e persa. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1980).