Palmireno, Lorenzo

Palmireno, Lorenzo

Humanista. Catedrático de Retórica en Zaragoza e València (1561-1579), foi un dos epígonos do erasmismo español. Destaca a súa extensa obra didáctica formada por diversos opúsculos como De vera et facili imitatione Ciceronis (1560), El latino de repente (1573), Rhetorica (1567) e Vocabulario del humanista (1569). A disertación Campi eloquentiae (1573) marcou a plenitude do latín ciceroniano. Traduciu ao castelán as Elegantiae de Paulo Manucio.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Alcañiz, Aragón

  • Deceso

    Lugar : València