"Panfilia" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - 250) Mártir. Foi bispo en Panfilia (actual Turquía) e morreu crucificado durante a persecución de Decio. A súa festividade celébrase o 26 de febreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión de Asia Menor situada na zona meridional de Anatolia, entre as rexións da Licia e a Cilicia, os montes Tauro e o Mar Mediterráneo. Pertenceu durante o II milenio a C ao país de Arzawa, sometido arredor de 1340 polo soberano hitita Mursilis II. Colonizada polos aqueos, pasou a poder dos lidios, dos persas (546 a C) e de Alexandre o Grande (339). En 43 uniuse a Licia formando unha provincia do Imperio Romano.