Ardeola
Ardeola
[PUBLIC]
Revista semestral fundada en 1954, órgano de expresión científica da Sociedad Española de Ornitología. O seu primeiro editor foi Francisco Bernis e nela publícanse numerosos artigos dos investigadores galegos membros da SEO. Consta dun “Editorial”, dunha serie de artigos desenvoltos en castelán e inglés, dunha sección de “Notas Breves” e dun apartado de “Artigos Especiais”. Amais vén complementada cun “Noticiario Ornitológico”, cunha “Sección Bibliográfica”, e cun “Índice” na contraportada.