ardente
ardente
(
-
adx
Que arde, queima ou causa calor.
Ex: Queimeime coa parte ardente da acha.
Confrontacións: candente, incandescente. -
adx
Que pon moito fervor nalgunha cousa.
Ex: Amosa un amor ardente por ela.
-
adx
Con moita paixón.
Ex: O avogado fixo unha ardente defensa do acusado.
-
adx
[HERÁLD]
En referencia a unha figura ardendo ou a un carbón aceso.