"Papaver" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das papaveráceas, ao que pertencen as especies P. rhoeas (papoula) e P. somniferum (durmideira ou herba de cura).
-
-
Aplícase á corola dialipétala con catro pétalos sen unlla e dispostos en dous verticilos dímeros.
-
-
Relativo ou pertencente ás papaveráceas.
-
Planta da familia das papaveráceas.
-
Familia de plantas herbáceas laticíferas, que presentan follas alternas, divididas ou profundamente lobuladas, flores hermafroditas, actinomorfas e habitualmente hipóxinas, con dous sépalos e catro pétalos, e froitos en cápsula. Son propias sobre todo das rexións temperadas boreais.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide que se extrae do opio, cunha estrutura que foi establecida por Goldschmidt en 1888. É altamente tóxico e emprégase en medicina como antiespasmódico musculotrópico e como vasodilatador.