Duluth

Duluth

Cidade do estado de Minnesota, EE UU, á beira do lago Superior (85.493 h [1990]). As principais industrias son as de elaboración de alimentos, as madeireiras e as refinerías de petróleo. A súa situación costeira, perfectamente comunicada co Océano Atlántico a través do río San Lourenzo, fixo da cidade un importante centro financeiro e comercial. Desde o seu porto expórtase cemento, carbón e sal, procedentes do O do país.