"Papilio" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Xénero de bolboretas, da familia dos papilónidos, cunha eiruga verde con aneis transversais negros e puntiños vermellos, e un tentáculo que segrega unha substancia oleosa. Os adultos teñen unha coloración parda con manchas amarelas, azuis e vermellas, e as ás posteriores presentan ocelos. Pertence a este xénero a especie P. machaon, de entre 5 e 8 cm de envergadura, parasita de plantas apiáceas e común en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é semellante a unha bolboreta.

    2. Aplícase á corola dialipétala, cigomorfa, pentámera e de perfloración vexilar, que consta dun pétalo posterior grande, ou estandarte, de dous pétalos laterais, ou ás, e de dous pétalos inferiores ou internos, que son concrescentes ou conniventes e forman a carena. É característica das fabáceas.

    3. fabáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • papilionáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos papiliónidos.

    2. Insecto da familia dos papiliónidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que se caracterizan polas súas grandes dimensións e as súas cores relucentes. A esta familia pertencen os xéneros Papilio, Iphiclides, Parnassius e Zerynthia, que se poden atopar en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO