"Pardo de Figueroa" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que se estableceu nas proximidades de Betanzos. A súa posible orixe pode proceder dos Pardo de Cela, xa que un fillo do Mariscal casaría cunha dona da liñaxe dos Figueroa e o fillo de ambos os dous, Arias Pardo de Figueroa (Betanzos 1580-?), fundaría esta liñaxe. Foi cabaleiro da orde de Santiago (1608), gobernador das súas armas e conde de Lemos e oidor da Real Cancillería de Valladolid. O seu fillo, Juan Pardo de Figueroa (Valladolid?-?), pertenceu á orde de Santiago desde 1623. Outro membro destacado desta liñaxe foi Baltasar de Figueroa y Sotomayor (Lima?-?), primeiro marqués de Figueroa e cabaleiro da orde de Santiago en 1602. Unha rama desta liñaxe pasou a San Martín de Valdeiglesias (Madrid) e desde alí a Cádiz. Trae como armas, escudo partido: primeira partición, en campo de prata, unha aguia voante, de sable, e segunda, en campo de ouro, cinco follas de figueira, de prata colocadas en aspa. Outros traen escudo cuartelado: primeira partición, en campo de prata, cinco...
-
PERSOEIRO
Militar. Formou parte da escuadra Galiza, en 1637 serviu en Francia e ao ano seguinte enviárono a Perú, onde foi gobernador e capitán xeneral de Tucumán e corrixidor e xustiza maior de Canta. Foi cabaleiro da Orde de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO