"Parga" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 39.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado con sola de cánabo trenzado con esparto ou fibra vexetal, punteira e talón de tea grosa, empeña feita con cintas ou tamén con tea grosa, e xeralmente con dúas cintas que se unen ao nocello. Algúns tipos de alpargatas son característicos de determinadas poboacións ou áreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedagogo e ensinante de finais do s XIX preocupado polas novas correntes pedagóxicas. Publicou: Método simultáneo para aprender a leer y escribir o Libro completo para la enseñanza de la lectura, escritura y ortografía práctica (1880) e La instrución primaria en España. Nueva y acertada organización de las escuelas de primera enseñanza con la explicación de las reformas modernas llevadas a la práctica en los países más ilustrados (1883). Nesta obra fixo un estudo das condicións que debe ter un local para impartir clases, propoñendo modificacións para mellorar as deficiencias que caracterizaban as nosas escolas; así mesmo, reivindicaba unha instrución agrícola práctica e informa sobre as orientacións educativas de Francia, Inglaterra e Bélxica.
-
GALICIA
Profesor e publicista pedagóxico. Comezou os estudios de Maxisterio na cidade das Burgas e logo trasladouse a Madrid á Institución Libre de Enseñanza (ILE). Emigrou á Arxentina onde exerceu como profesor de Matemáticas. Preocupado pola formación educacional, fundou a Escola Industrial chamada Asociación Industrial. Ademais foi o promotor e director pedagóxico das escolas nocturnas para obreiros, “Escuelas de Casa Galicia”. Como republicano convencido foi un dos fundadores do Centro Republicano Español en Bos Aires. Publicou en 1912 Puntos de vista educacionales, la escuela Argentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás esparganiáceas.
-
Herbácea da familia das esparganiáceas.
-
Familia de plantas perennes, da orde das tifais, composta unicamente polo xénero Sparganium, que comprende 14 especies propias das zonas temperadas e frías do hemisferio N, e que só está presente no hemisferio S en Oceanía e parte do S de Asia. Habitan en medios húmidos e acuáticos, e caracterízanse por ter rizomas desenvolvidos e con escamas, talos erectos, follas lineais planas ou de sección triangular, e flores unisexuais monoicas de periantio trímero -de 1 a 8 estames e de 1 a 2 carpelos-, dispostas en inflorescencias, as masculinas nos glomérulos superiores e as femininas nos inferiores. A polinización é anemógama e dá lugar a un froito en drupa esponxosa, que flota e facilita a dispersión pola auga. En Galicia están presentes as especies: Sparganium angustifolium, en medios húmidos das montañas do SL; Sparganium emersum, en augas pouco profundas, e Sparganim erectum, en ribeiras e augas pouco profundas.
-
-
GALICIA
Bibliotecario e arquiveiro. Participou na Guerra Civil Española xunto aos republicanos e, trala derrota, marchou a Suecia e despois a México. Profesor no Colexio de México (1940), traballou tamén nas universidades de California, Illinois e Wisconsin (1941-1948). Publicou, entre outras obras, Cronistas e historiadores de la conquista de México. El ciclo de Hernán Cortés (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Doutor en Dereito (1953), despois dun breve período como ministro de Traballo (1977-1978) foi nomeado embaixador de España ante a OIT en Xenebra. Membro do Tribunal Constitucional desde 1995, en 2001 foi designado presidente do mesmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo auxiliar de Toledo (1652), bispo de Almería (1662-1672) e Astorga (1672-1674). Cóengo e provisor de Mondoñedo, foi gobernador eclesiástico de Santiago de Compostela e prior de Santo Agostiño de Caaveiro, e exerceu como chanceler das universidades de Santiago de Compostela e Salamanca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi inquisidor de Galicia e València e cóengo lectoral e vigairo capitular de Santiago de Compostela. Escribiu Elucida et elegans interpretatio ad Bullam Alexandri III P.M. de Jubileo D. Jacobi unici Hispaniarum Patroni (1628) e Comentarios sobre las Constituciones capitulares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Profesora titular de filosofía do dereito, desde 1989, e decana da facultade de Dereito da Universidade de Santiago Compostela desde 2002, escribiu El poder y los ciudadanos (1998), Alfredo Brañas, universitario (1999), Valores constitucionales. Introdución a la Filosofía del Derecho: axiología jurídica (1999) e La filosofía del derecho penal en la Universidad de Santiago: (1800-1970) (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Mondoñedo-Ferrol que abarca o concello de Guitiriz, con dez parroquias matrices e catro anexas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que ten a súa orixe en Parga (Lugo). Trae como armas, en campo de azul, tres faixas de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, catro bandas de goles. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de goles, tres barras de prata, afastadas; en segunda partición, losanxado de ouro e goles. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, unha faixa de sable, cargada de tres flores de lis de prata, acompañada na parte superior dun ferro de lanza de prata en banda, e na parte inferior, dun castelo de azul, sobre rochas; segunda partición, en campo de prata, un carballo de sinople, acompañado de dúas caldeiras de sable, unha en cada flanco.
-
GALICIA
Xornalista. Director xerente do Grupo El Progreso. Foi redactor na cadea SER, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego para logo centrar a súa carreira na cadea COPE, en Santiago de Compostela, onde foi redactor xefe, director e director rexional en Galicia, Asturias e Cantabria. En 1997 substituíu a Xesús Pérez Varela como secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos, na Xunta de Galicia, cargo que abandonou en xaneiro de 2003 para reincorporarse en marzo dese ano ao seu anterior cargo como director rexional da COPE.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Realizou o doutoramento en xeoquímica en Zúric. Foi profesor da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, presidente da área de xeoloxía e minaría do Seminario de Estudos Galegos e director da revista Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Participou na creación do Laboratorio de Xeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela (1933) -o primeiro de España-, e foi fundador e director do Instituto Xeolóxico de Laxe (1940). Interesouse principalmente polo estudo da xeoquímica de Galicia e publicou numerosos traballos sobre mineraloxía e química de minerais, sobre o estudo dos minerais das zonas areosas das costas de Galicia, a xeoquímica de rochas volcánicas, plutónicas e metamórficas, a cartografía xeolóxica, a estratigrafía e os granitos. Das súas obras destacan Quimismo de las manifestaciones magmáticas cenozoicas de la Península Ibérica (1935), El conocimiento geológico de Galicia (1958) e Mapa petrográfico estrutural...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, arquiveiro no Arquivo Rexional de Galicia, onde organizou e catalogou a serie de mosteiros, e director do Arquivo e da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (1952-1965). Colaborou con C. Pérez Bustamante en Notas de arqueología prehistórica galaica. Los dólmenes de Dombate y la Gándara (1924) e escribiu Los solariegos o juniores: aportación al estudo de las clases sociales en León y Castilla durante la Edad Media (1928) e Marcial en la perceptiva de Baltasar Gracián (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, irmán de Xacobe María de Parga Puga. Acadou o grao de álferez de fragata, foi depositario de Rendas Reais de Betanzos (1808), tesoureiro do Exército da praza de Ceuta (1813-1815) e do Exército do Reino de Galicia. Foi deputado nas Cortes de Cádiz (1810-1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, irmán de Antonio María de Parga Puga. Foi reitor do colexio de Fonseca de Santiago de Compostela, ministro de Gobernación (1820), conselleiro de Estado e presidente da Xunta de Fomento de Riqueza do Reino. Foi membro da Real Academia da Historia e do Real e Supremo Consello de Indias. Legou a súa biblioteca á Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Foi fiscal do xulgado de primeira instancia de Mondoñedo, maxistrado na Audiencia de Pontevedra e fiscal en Ourense, Palencia, Lugo e Madrid. Escribiu semblanzas biográficas e artigos relacionados coa historia e a cultura galega en diversas publicacións como o Boletín de la Real Academia Gallega e Galicia, revista en que iniciou a publicación da novela La nueva doncella (1887-1889). Pertenceu á Real Academia Galega (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi director do Monte de Piedad e Caja de Ahorros de Santiago de Compostela, director da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1878-1886) e impulsor da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Escribiu Informe sobre foros, subforos y otras cargas semejantes que se conocen en el antiguo reino de Galicia (1874).
VER O DETALLE DO TERMO