Parga

Parga
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega que ten a súa orixe en Parga (Lugo). Trae como armas, en campo de azul, tres faixas de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, catro bandas de goles. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de goles, tres barras de prata, afastadas; en segunda partición, losanxado de ouro e goles. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, unha faixa de sable, cargada de tres flores de lis de prata, acompañada na parte superior dun ferro de lanza de prata en banda, e na parte inferior, dun castelo de azul, sobre rochas; segunda partición, en campo de prata, un carballo de sinople, acompañado de dúas caldeiras de sable, unha en cada flanco.