"Parti Socialiste" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política francesa fundada en 1971 pola fusión da Section Française de l’Internationale Ouvrière (SFIO) e de diversas agrupacións e clubs socialistas no congreso de Épinay. Nas eleccións presidenciais de 1974 obtivo o 49% dos votos, e nas de 1981, co apoio dos comunistas e dos ecoloxistas, un triunfo que se complementou coa maioría absoluta do PS nas lexislativas do mesmo ano. O partido perdeu forza nas diversas consultas electorais celebradas desde 1983, e en 1986 pasou á oposición. Os seus secretarios foron François Mitterrand (1971-1981), que presidiu a república (1981-1995), Lionel Jospin (1981-1988), Pierre Mauroy (1988-1991), Laurent Fabius (1991-1993), Michel Rocard (1993-1994), Henri Emmanuelli, (1994-1995), novamente Lionel Jospin (1995-1997), elixido primeiro ministro (1995-2002), e François Hollande (desde 1997).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en 1885 co nome de Parti Ouvrier Belge. Dirixido por César de Paepe e, despois, por Emile Vandervelde, loitou por obter o sufraxio universal (1919) e por unha mellora das condicións de vida e de traballo. Ao se producir a invasión alemá, Hendrik de Man, o seu presidente, disolveuno (1940), pero a base reconstruíuno na clandestinidade (1945). Despois da Segunda Guerra Mundial, os socialistas participaron en diversos gobernos de coalición con socialcristiáns e liberais, fixeron promulgar medidas sociais, defenderon a laicidade do ensino e impulsaron unha política europeísta. Os conflitos lingüísticos entre valóns e flamengos da década de 1960 provocaron que adoptase unha estrutura independente para cada comunidade.