Ophioglossum
Ophioglossum
[PLANTA]
Xénero de pteridófitos, da familia das ofioglosáceas, que se caracteriza por ter o rizoma pequeno, raíces adventicias carnosas, follas anuais que saen dun talo subterráneo, curto e carnoso, e con nervación reticulada. Os esporanxios están dispostos en dúas fileiras, e os gametófitos carecen de clorofila.