operón
operón
(
s
m
[XEN]
Unidade xenética que contén un certo número de xenes estruturais (responsables da síntese ordenada de enzimas de función relacionada), un operador que os activa e ás veces un represor. É o responsable de regular a síntese dunha fibra longa e continua de ARN mensaxeiro, de xeito que se sintetizan todos os enzimas necesarios para o sistema ou non se sintetiza ningún.