opereta

opereta

(< ital operetta)

s f [MÚS]

Peza teatral que alterna partes cantadas e partes musicadas. As máis destacadas aproxímanse á ópera cómica, especialmente as de J. Offenbach. Posteriormente cultivaron o xénero A. Sullivan en Inglaterra e F. Lehár en Viena. Tivo vitalidade ata a década de 1930, cando autores americanos como R. Frimi, V. Herbert e J. Kern crearon a comedia musical.

Palabras veciñas

opercular | operculiforme | opérculo | opereta | operista | operístico -ca | operón