"Partia" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
asta planicie da rexión de Cartago Nova na que crecía o esparto en abundancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (Partia ss II - I a C) Rei dos partos (123?-88 a C). Conseguiu refacer a fortuna do seu país, gravemente deteriorada polos reinados anteriores, conquistou unha parte de Armenia e iniciou relacións diplomáticas con Roma (92 a C).
-
REXIÓNS
Rexión de Asia central que se corresponde aproximadamente coa oblast’ de Corasmia, situada ao NL de Irán. Só se emprega referido ao Imperio Parto (247 a C-224 d C). En tempos de Alexandre o Grande anexionou Hircania, e ambas as dúas rexións quedaron unidas durante a dinastía seléucida. Cara a 250 a C, Arsaces, gobernador de Diódoto, rei dos gregos bactrianos, declarouse independente ante os seléucidas e orixinou a dinastía arsácida. Máis adiante, as conquistas de Mitridates I (178-138 a C) e Artaban II (128-124 a C) ampliaron os límites do imperio ao dominar toda a chaira de Irán e o val do Tigris e o Éufrates. A pesar de que os romanos chegaron a ocupar Ctesifonte, Partia converteuse no límite oriental da expansión romana. O imperio foi gobernado por unha reducida aristocracia, e o control desta rexión sobre as rutas comerciais entre Grecia, Roma e Asia, fortaleceu e estimulou o seu crecemento. En 224, un caudillo do sur de Irán, Ardašir, rebelouse e estableceu a dinastía...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei arsácida de Partia (148-191). Restaurou a unidade do Imperio Parto, reclamou a Roma o trono de ouro dos arsácidas que Traxano lles levara e invadiu Armenia en tempos do Emperador Marco Aurelio. Despois os romanos ocuparon o seu reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei arsácida de Partia (191-209?). Sucesor de Voloxeso III, apoiou a Pescennio Niger na súa loita contra o Emperador Setimio Severo, quen invadiu Partia (197).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei arsácida de Partia (209?-220), fillo e sucesor de Voloxeso IV. O seu irmán Artabán V rebelouse contra el e ocupou case todo o reino, agás a rexión de Babilonia.
VER O DETALLE DO TERMO