"Partido Carlista" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Partido político constituído por unha das tendencias en que se dividiu o carlismo. Formouse en Montejurra (1965), pero non se legalizou ata xullo de 1977, e supuxo unha renovación ideolóxica, cun acento marcadamente socialista. Presidido por Carlos Hugo de Borbón-Parma, estruturouse nunha federación formada por partidos carlistas de diferentes nacionalidades e rexións de España. Participou nas instancias unitarias da oposición democrática e manifestouse durante a transición. Entrou en crise no ámbito estatal en 1980 e só mantivo algunha forza en Nafarroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político xurdido a partir do Partido Carlista. Constituído na etapa final da ditadura franquista, defendía a doutrina política do socialismo autoxestionario. Formaron parte da Junta Democrática de España, pero finalmente integráronse na opción nacionalista do Consello de Forzas Políticas Galegas (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO