Partido Carlista

Partido Carlista
Nome científico: [PC]

Partido político constituído por unha das tendencias en que se dividiu o carlismo. Formouse en Montejurra (1965), pero non se legalizou ata xullo de 1977, e supuxo unha renovación ideolóxica, cun acento marcadamente socialista. Presidido por Carlos Hugo de Borbón-Parma, estruturouse nunha federación formada por partidos carlistas de diferentes nacionalidades e rexións de España. Participou nas instancias unitarias da oposición democrática e manifestouse durante a transición. Entrou en crise no ámbito estatal en 1980 e só mantivo algunha forza en Nafarroa.