Partido Agrario Gallego

Partido Agrario Gallego
Nome científico: [PAG]

Partido político creado en 1933 a partir da Federación Agraria que xurdira o ano anterior no antigo concello de Valadares. Declarouse antiforista, progresista, de esquerdas, antiburgués e anticaciquil, e o seu programa tivo un marcado influxo galeguista. Limitaba o seu ámbito de actuación a Galicia e segundo as súas listas de afiliados, acadou unha importante implantación, especialmente entre os labregos da provincia de Pontevedra. Apoiou o proxecto da Autonomía de Galicia pero, despois do fracaso das eleccións de 1933, desapareceu como partido político para desenvolver un papel sindical. En 1936 decidiu apoiar o programa do Partido Galeguista.

Palabras veciñas

partidista | partido | partido | Partido Agrario Gallego | Partido Andalucista | Partido Carlista | Partido Carlista Galego