"Pascual II" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Papa (1099-1118). De nome Raniero di Bieda, profesou na orde cisterciense e Gregorio VII nomeouno cardeal. Interveu na loita das investiduras. Apoiou a elección de Diego Xelmírez como bispo de Santiago de Compostela, mais non aceptou as súas pretensións de eliminar Braga como sé episcopal metropolitana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antipapa (1164-1168). De nome Guido da Crema, foi partidario do Emperador Federico I Barbarrubia e, á morte de Adrián IV (1159), cooperou na elección do antipapa Vítor IV. Tras a morte deste, o representante imperial Reinald de Dassel fixo que o elixisen papa.

    VER O DETALLE DO TERMO